A Revolta Irmandiña

A Revolta Irmandiña é moito máis que unha carreira de obstáculos: é un desafío que combina resistencia física, superación cognitiva e conexión coa historia galega. Inspirada na Revolta Irmandiña do século XV, leva aos participantes a través dun percorrido pola comarca de Monterrei, incluíndo o río Támega, a súa fortaleza ou os seus viñedos da Denominación de Orixe.


Celebrarase o 22 de xuño, na antesala do San Xoán, unha das datas máis máxicas e simbólicas de Galicia. Igual que as fogueiras desta noite marcan a loita entre a luz e a escuridade, a A Revolta Irmandiña celebra o espírito combativo e a unión dun pobo que se ergueu para cambiar a súa historia. Un desafío perfecto para dar comezo ao verán coa forza e a valentía dos Irmandiños.

A Revolta Irmandiña ofrecerá dous percorridos, un de 5 km e outro de 8 km, con probas de varias tipoloxías para adaptarse a todos os niveis. A carreira incluirá probas naturais que nos poñerán a proba coa paisaxe da contorna, así como probas ambientadas na historia do noso pobo, transportándonos á época dos Irmandiños. Para os máis experimentados, tamén haberá probas de competición que elevarán o nivel do desafío. Todo isto está deseñado para que calquera persoa cun mínimo fondo físico poida disfrutar da carreira cun espírito de diversión e superación.


Durante o percorrido, haberá avituallamentos especiais nos que, ademais de repoñer forzas, poderemos coñecer a historia da contorna. E para completar a experiencia, os participantes e acompañantes poderán disfrutar de catas de produtos locais, música en directo e visitas turísticas, facendo desta fin de semana un evento cultural e deportivo único, no que deporte, historia e cultura se dan a man.


A Revolta Irmandiña comprométese a ser un evento sostible, non só respectando o medio ambiente, senón tamén promovendo a responsabilidade social. Apostamos por xerar emprego local, apoiando a nosa comunidade e contribuíndo ao desenvolvemento económico de Monterrei. Ademais, creamos espazos inclusivos que fomentan a actividade física, a vida saudable e o compañeirismo,facendo deste evento un motor de integración social e de mellora continua para todos.