KTORCE
Somos profesionais apaixonados coa comunidade, a cultura e o deporte. Un equipo multidisciplinar de profesionais da cultura, o deporte, a comunicación, a xestión cultural e a produción de eventos que decidiu unir talentos para crear experiencias innovadoras que conecten coa comunidade.
Cada quen aporta o seu saber para ofrecer solucións integrais, pensadas para proxectos que buscan destacar e deixar pegada. Contando, sempre, con expertos dentro de cada área á hora de adentrarnos en novos camiños.
Somos de Monterrei, nesta comarca comezamos a colaborar en diferentes proxectos, e dende aquí, queremos seguir crecendo e tecendo redes. Un proxecto cooperativo e social co que xa amosamos - e seguiremos facendo - que hai un xeito diferente de traballar. Colaborar.
Síguenos nas redes sociais!